Eneko Zabaleta, o novo lateral esquerdo do Pontevedra, foi presentado este xoves como xogador do conxunto granate. O defensor procedente do Tudelano estivo acompañado na rolda de prensa polo director deportivo, Roberto Feáns, e o seu compañeiro tamén recentemente chegado, José García, quen xa debutou co primeiro equipo pero non puido ser presentado por problemas administrativos que atrasaron a súa alta e que estiveron a piques de frustrar tamén o seu debut.
O principal labor de Zabaleta é frear a sangría defensiva dos de Pouso polo flanco esquerdo. "Me han pedido defender y me voy a centrar en eso", afirmou o recentemente chegado. A aposta decidida do adestrador e a dirección deportiva polo xogador resultou decisiva para que acabase aceptando a oferta. "Insistieron mucho en mí, pero también el proyecto de estar entre los cuatro primeros, no solo por estos meses también el año siguiente", matizou.
Sobre o seu estilo de xogo, o exfutbolista recoñece que "siempre he sido más lateral que extremo" a pesar de que "por circunstancias" no Areas de Getxo xogou en posicións máis avanzadas. Ao que non renega o biscaíño é á súa vocación ofensiva. "Cuando un jugador tira hacia arriba es lógico que le cueste defender, pero puedo defender igual que atacar", subliña.
É consciente Zabaleta de "esa presión de que no había nadie en esa posición e intentaré responder a la confianza que han puesto en mí", asegura o defensor que "non coñecía a ninguén e para ser o primeiro día atopeime coma se xa leva tempo".
Sobre a súa chegada, Feáns confirmou que asina polo que resta de tempada e unha máis. As razóns polas que se decantaron por Zabaleta céntranse en que "é nacional, viña de ter minutos e coñece a categoría", sinala o director deportivo.
Pola súa banda, José García recoñeceu sentirse moi a gusto nos seus primeiros minutos coa camiseta do Pontevedra a pesar de que o equipo perdía por tres a cero cando saltou ao terreo de xogo. "Estoy contento por haer aportado movilidad, me sentí bien y el viaje ayuda a que me integre más rápido en el equipo, estoy muy a gusto", declarou.
Sobre el futbolista cedido polo Estremadura despois de concluír o seu préstamo no Atlético Baleares, Feáns destaca a súa versatilidade para moverse en todas as posicións da fronte de ataque. "Vén para achegar calidade, empuxe e personalidade ao equipo", dixo o directivo.