Dúas xornadas sen gañar, cun empate ante o Cacereño e derrota en Tudela, son demasiadas para este Pontevedra, convencido das súas posibilidades en Segunda B.
Coa permanencia próxima, os granates encoméndanse a Pasarón para recuperar a senda do triunfo ante unha perigoso Lealtad de Villaviciosa (domingo, 17:00 horas) e consolidarse nos catro primeiros postos.
Non será un compromiso sinxelo, pois os asturianos son unha das revelacións da competición e son sétimos a tres puntos do Pontevedra, aínda que baixan o seu rendemento a domicilio, xa que lonxe do seu estadio só gañaron nas Somozas.
Luisito recupera importantes efectivos para afrontar o partido. Ademais de Borjas e Verdú, que regresan tras un partido de sanción, están dispoñibles Álex Fernández recuperado da súa lesión e tamén Kevin Presa, solucionando parte dos problemas na medular. O técnico de Teoperde, iso si, a Capi por sanción e Adrián por lesión e conta ademáis con varias dúbidas para unha lista de 16 que elaborará definitivamente o día do partido.
Tampouco estará esta xornada a última fichaxe do clube, o andaluz Hugo Rodríguez.
Pola súa banda o Lealtad plántase en Pasarón coa baixa de Mendi por sanción e as ausencias por lesións de longa duración de Piniella e Omar Hernández. Ademais o dianteiro Camochu causou baixa federativa esta semana.
O árbitro designado para o encontro é o madrileño Álvaro Moreno Aragón.