O campo da Lomba acolleu este sábado o partido no que se enfrontaban o Arosa e o Ourense, quinto e primeiro clasificado respectivamente.
O partido comezou con claro dominio visitante que, a pesar de non gozar de destacadas ocasións, tiveron o control do partido. O xogo do Ourense baseábase en posesións longas e intentos de xerar perigo con dous homes abertos ás bandas que, coa súa alta presión, dificultaban o movemento de balón dos de Vilagarcía.
Quedaban 5 minutos da primeira metade e foi nese momento no que o Arosa espertou. Pedro Beda tivo unha das ocasións máis claras pero o disparo foise rozando o pau e despois, Adrián Gómez tamén a tivo co seu disparo desde fóra da área pero non logrou inaugurar o marcador.
Co empate a cero chegouse ao descanso e o Rafa Sáez optou por un xogo de 3 centrais e 2 carrileros e o encontro cambiou a un dominio total a favor dos locais que, ao contrario que o seu rival na primeira metade, estes se que protagonizaron ocasións claras de gol. Manu disparou desde a frontal, pero o porteiro visitante detivo en dous tempos e despois, Javi Otero tentouno desde fóra da área pero o balón foise alto.
Chegábase á recta final e o Arosa non deixaba xogar ao Ourense debido á presión alta que lles impedía mover o balón con facilidade. O dominio local continuou e volveron as ocasións, con protagonismo de Raul Martiñán e Adrián Gómez pero ningunha materializouse. O Ourense non podía máis e ao Arosa aínda quedaban forzas para presionar a área rival cando se entraba no tempo de desconto, pero finalmente ningún dos dous equipos foi capaz de bater a portería rival e o encontro quedou en táboas.
Consulta a acta do partido entre o Arosa-Ourense na seguinte ligazón.