Empate que sabe a pouco a un Arosa que mereceu máis contra o Llanera (0-0)

O Salnés
19 de setembro 2021

O Arosa segue imbatible na súa andaina pola 2ª RFEF ao sumar un punto que sabe a pouco da visita da UD Llanera á Lomba. Os de Vilagarcía, que chegaban á cita coas ausencias de Róber e Álex Cobo, lesionados de gravidade, tiveron moi mala sorte ao atoparse cos paus nun partido no que os visitantes non fixeron nada por saír a por o triunfo (0-0).

Pedro García, nun partido co Arosa
Pedro García, nun partido co Arosa / Cristina Saiz

O Arosa segue imbatible na súa andaina pola 2ª RFEF ao sumar un punto que sabe a pouco da visita da UD Llanera á Lomba. Os de Vilagarcía, que chegaban á cita coas ausencias de Róber e Álex Cobo, lesionados de gravidade, tiveron moi mala sorte ao atoparse cos paus nun partido no que os visitantes non fixeron nada por saír a por o triunfo (0-0).

O partido comezou sen ocasións para ambos os conxuntos, que non eran capaces de chegar con claridade a senllas porterías rivais e, as poucas veces que chegaban, non atinaban entre os tres paus. Iso si, o Arosa tentábao con xogadas máis ou menos trenzadas e o Llanera traducía os seus momentos de dominio en situacións de córner que non atopaban rematador.

A mellor oportunidade ata o momento chegou no minuto 35. Foi para o equipo arlequinado nunha falta que lanzou Mon desde o vértice da área. Sacou un zurdazo que superou á barreira e ao porteiro pero o balón estrelouse no traveseiro, propiciando unha contra un tanto perigosa para os visitantes que o Arosa foi capaz de parar cun rápido repregamento na súa propia área.

De xogada illada chegou a segunda do Arosa. Esta vez foi Luismi no minuto 40 cando cabeceou un centro desde a banda esquerda ao anticiparse ao seu defensor, pero o seu remate foise rozando o pau dereito da portería de Miguel.

Aínda quedaba tempo para un susto máis e, no último minuto da primeira metade, o Llanera puido adiantarse no marcador. Romaric, que se anticipou á zaga arlequinada, quedou só no punto de penalti para sacar un tiro que se foi lonxe da portería de Manu Táboas.

Xa na segunda metade, o Arosa dominou con claridade, facéndose coa posesión do esférico e chegando á área rival pero desperdiciando cada ocasión. Sobre todo Nuño, que fixo unha parede perfecta con Luismi dentro da área pero o seu disparo foise pegado á escuadra. Quixo axustar tanto o disparo que o seu disparo foise desviado. O gardameta local seguía sen traballo.

Seguiu insistindo o equipo de Jorge Otero cunha presión alta que se intensificou cos cambios nas súas filas imprimindo un punto máis de ritmo ao partido pero sen abrir a lata, asinando un empate a cero que sabe a moi pouco.