Empate dun digno Pontevedra fronte ao Depor no día do adeus de Charles (1-1)

Pontevedra
27 de maio 2023

Un gol de Brais Abelenda no minuto 48 deulle unha vitoria ao Pontevedra que aínda que non alivia as penas polo descenso fai polo menos despedir a tempada cunha pequena alegría. Todo iso no día do adeus de Charles ao fútbol profesional

Corredor de honra a Charles no partido entre Pontevedra e RC Deportivo
Corredor de honra a Charles no partido entre Pontevedra e RC Deportivo / Mosrey Fotografía

Punto e final á tempada do Pontevedra Club de Fútbol nunha xornada de emocións no Estadio Municipal de Pasarón. Pola despedida da categoría pero sobre todo polo adeus de Charles Días, máximo goleador histórico do club, que vivía o seu último día como xogador profesional.

Aos granates, xa descendidos desde hai dúas semanas, só quedaba salvar a honra, e fixérono tirando de orgullo para ofrecer unha boa e digna imaxe rozando o triunfo fronte a un equipo como o Deportivo que xogará polo ascenso á Segunda División, aínda que o fará finalmente desde a cuarta posición ao non poder gañar en Pasarón.

Nun ambiente marcado pola maioritaria presenza de afeccionados visitantes, os pontevedreses saíron dispostos a deixarse ver e ser protagonistas. Polo menos a non deixarse dominar por un Deportivo ao que, a pesar de estar a se xogar o seu posto final para a fase de ascenso, faltoulle de inicio un punto de intensidade.

Non era un encontro trepidante, pero cheirábase perigo cando o coiro caía ao costado esquerdo, onde Álex González facía sufrir a Trilli. Unha internada súa aos 6 minutos supuxo o primeiro achegamento perigoso, pero o seu centro non o chegou a conectar Brais. Si o fixo no minuto 11 Charles nunha xogada calcada, pero o seu croque nunha posición clara marchou alto. 

Co paso dos minutos o Deportivo comezou a gañar metros, pero sen atopar profundidade nas súas accións nin inquietar a Cacharrón. Non o fixo de feito ata pasada a media hora e nunha acción illada, na que Mella sorprendeu cun disparo seco desde a frontal que se estrelou na cepa do poste.

Con táboas e sen goles no marcador chegouse ao tempo de descanso, aínda que iso cambiou nada máis pasar polos vestiarios. A pesar de que o Deportivo pareceu querer impoñer unha marcha máis no seu xogo, o que chegou foi o 1-0 dos granates, no minuto 48. Balón en longo de Cacharrón, fallo estrepitoso de Raúl Carnero no despexe e Brais Abelenda recollía o coiro na esquina da área conectado un mísil cruzado á escuadra da portería de Mackay.

Rubén da Barreira reaccionou desde o banco coruñés cun triplo cambio, dando entrada a Quiles, Álex Bergantiños e Lebedenko, e notouse sobre o céspede cun cadro deportivista que agora si con máis pólvora arriba empezaba a poñer en apertos os locais.

Quiles tardou cinco minutos en ter nos seus pés a igualada, recibindo un pase entre liñas para, só dentro da área ante Cacaharrón, rematar ao pau, e rozouno de novo na seguinte acción.

Ese empuxe en todo caso foise diluíndo, e aínda que a iniciativa pasou a ser por completo dos branquiazuis, non lograban a fórmula para atopar o gol. Tanto é así que a atención volveu de novo ao adeus de Charles. Corría o minuto 70 e a tabla de cambios mostraba o número 18. O árbitro parou o tempo, todos os compañeiros corrienron a facer un último corredor a un dos seus capitáns e todo o público, local e visitante, regalou unha emotiva ovación.

Restaban aínda 20 minutos, pero non parecía que o marcador se fose a mover. Foi así polo menos ata o minuto 90, cando Churre paraba coa man na área un disparo de Lucas. Vermella directa e gol de Quiles enganando o gardameta.

O dianteiro deportivista lesionouse fortuitamente na seguinte acción, e o partido terminou nun empate que aínda que non fai esquecer as penas dunha catastrófica tempada pontevedresa, polo menos fai que se despida con dignidade.

PONTEVEDRA CF (1): Cacharrón, Seoane (Valen, min.70), Derik Osede, Churre, Samu Araújo, Miguel Román, Borja Domínguez (Rufo, min.88), Álex González, Yelko Pino (Ángel Bastos, min.60), Brais Abelenda (Javi Robles, min.88), Charles (Álex Masogo, min.70).

RC DEPORTIVO (1): Mackay, Raúl Carnero (Lebedenko, min.54), Jaime, Pepe, Trilli, Isi Gómez (Diego Villares, min.69), Olabe (Bergantiños, min.54), Mella (Quiles, min.54), Rubén Díez (Svensson, min.73), Yeremay, Lucas Pérez.

Árbitro: Jaime Ruiz Álvarez, auxiliado nas bandas por Novoa Hernández e Buergo González. Amoestou a Miguel Román e a Churre no Pontevedra e a Yeremay no Deportivo. Expulsou a Churre nos locais por vermello directo no minuto 90.

Goles: 1-0 Brais Abelenda (min.48); 1-1 Quiles, de penalti (min.90).

Incidencias: Partido de la jornada 38 de liga en el Grupo I de la Primera RFEF disputado en el Estadio Municipal de Pasarón de Pontevedra ante aproximadamente 6.300 espectadores. Los jugadores de los dos equipos y del conjunto benjamín del Pontevedra realizaron un pasillo de honor a Charles en el último encuentro de su carrera profesional como jugador.