O Arosa tívose que conformar co empate no partido disputado esta fin de semana en Somozas. Os locais empezaron adiantándose no marcador pero os de Vilagarcía puideron rascar un punto do encontro.
Durante os primeiros 8 minutos do partido que se estaba disputando no Manuel Candocia, ambos os equipos controlaron o balón pero a presión do Somozas era máis alta que a dos visitantes. Cando se cumpriu a metade da primeira metade, o Arosa empezou a gozar das mellores ocasións grazas a un córner e a un disparo de Jorge Sáez que non alcanzaron os tres paus.
Co partido igualado, chegou o gol do Somozas por mediación de Juanma no minuto 31. Os de Vilagarcía buscaban o empate antes de que se chegase ao descanso, pero as oportunidades de Pedro Beda e de Jorge Sáez non foron suficientes para bater a portería do porteiro local.
Tras o descanso, o Arosa seguía buscando igualar o marcador e foi Coti o que o conseguiu no minuto 62. Co 1-1 no marcador, os visitantes buscaban a vitoria presionando a área rival pero finalmente, o encontro terminou coa repartición de puntos entre ambos os equipos.