Despois do triunfo ante o Ibiza no Pavillón Municipal, o Club Cisne Balonmano realizou a presentación dos equipos da base e un sentido e emotiva homenaxe a Pablo Picallo no que retiraron o dorsal 8.
Case dous anos despois da súa despedida, o club pontevedrés decidiu retirar a elástica do que foi o seu xogador durante 25 anos, os 13 últimos no primeiro equipo.
Durante o acto, Picallo respondeu unha serie de preguntas dos nenos e nenas da base do equipo branco e que foron presentados tras o encontro.