Non era un partido fácil e o que lle tocaba vivir ao Poio Pescamar este sábado na Seca, xa que en fronte tiña a un necesitado Penya Esplugues que o está xogando todo pola permanencia.
Comezou dominando o partido o cadro conserveiro, que gozou da posesión do balón pero sen ocasións ante un ben colocado e ordenado Penya Esplugues que buscaba crear perigo a base de contragolpes.
As ocasións seguían sen sucederse ata que apareceu Laia Beltrán cun disparo afastado que obrigou a intervención de Caridad. Pouco despois respondeu cun disparo cruzado Dupuy tras pase de Luci pero o balón foise desviado.
Apareceu tamén por momentos Dani Sousa, que chegou a área rival para a dispoñer de varias oportunidades perigosas, todas elas, iso si, sen entrar na portería rival.
Despois do descanso volveu serprotagonista a brasileira, que iniciou o segundo acto poñendo a proba a Noe. Tamén Irene tentou adiantar ao Poio, pero de novo a gardameta visitante interviña para manterner a portería a cero.
E cando parecía que chegaría o gol local, Aína Torrentes apareceu para poñer o 0-1 despois de rematar ao segundo pau un pase de Marta González.
Pero a alegría do Penya Esplugues durou entre pouco ou nada, xa que, segundos máis tarde, Jane igualaba o duelo á saída dunha falta directa.
Co 1-1 o Poio Pescamar aumentou a intensidade mentres o Penya aínda tiña esperanzas en rascar polo menos un punto na Seca.
Así se alcanzaron o últimos tres minutos, momento que Manu Cossío aproveitou para cambiar a xogo de cinco con Martita como porteira xogadora. Dispuxo o Poio dunha ocasión por parte de Agostina, que non acertou diante de Noe e, a porta baleira desde cancha propia, Pilar respondía pero sen ver portería.
Tentou o cadro local conseguir a vitoria nos últimos instantes pero o marcador non se moveu máis e tivéronse que conformar cun empate.
Con este resultado, o Poio Pescamar descende á cuarta praza da clasificación e empata a 46 puntos co STV Roldán F. S, que é terceiro. Séguenlle moi de preto Alcorcón, con 45 puntos, e Torreblanca e Móstoles, ambos con 44, polo que agora, a marxe de erro para as conserveiras é mínimo a falta de tres partidos para a conclusión da liga.
POIO PESCAMAR (1): Caridad; Martita, Luci, Anna Escribano e Dani Sousa (cinco inicial). Tamén xogaron, Jane, Irene, Ana Rivera, Chiesa e Dupuy.
PENYA ESPLUGUES (1): Noe; Ruth Aurín, Marta González, Pilar Ribes e Cèlia Catà (quinteto inicial). Tamén xogaron, Belén, Aína, Laia Beltrán e Peque.
Goles: 0-1, min. 27 Aína. 1-1, min. 27 Jane.
Incidencias: CEM Lles Moreres. Colexiados, Borja Darriba Villamor e Roberto Amor Vizoso. Amoestaron a Laia Beltrán na Penya Esplugues e Luci Gómez no Poio Pescamar.