Edu Sousa e Alberto Domínguez (Coruxo) repiten experiencia cun campus para porteiros en Pontevedra

Pontevedra
13 de xuño 2019

Os dous gardametas coordinarán xunto ao adestrador Toño Rodríguez (EF Poreto 2000) un campus específico para porteiros que se celebrará entre o 24 e o 28 de xuño na Cidade Infantil de Príncipe Felipe

Edu Sousa, nun adestramento do Pontevedra en Pasarón
Edu Sousa, nun adestramento do Pontevedra en Pasarón / Mónica Patxot

Por segundo ano consecutivo, a Cidade Infantil de Príncipe Felipe será escenario do campus 'Keeper Camp Azero Cidade de Pontevedra'.

As xornadas, destinadas especificamente para o adestramento de gardametas, contarán coa presenza como monitor do porteiro e capitán do Pontevedra Club de Fútbol, Edu Sousa.

Ademais Alberto Domínguez (Coruxo) dirixirá o campus, que tamén conta coa coordinación do adestrador Toño Rodríguez (EF Poreto 2000)​.

Destinado a nenos e nenas de 7 a 15 anos, o evento conta cun máximo de 50 prazas e celebrarase entre o 24 e o 28 de xuño en horario de 10:00 a 19:00 horas.

Segundo explican os seus organizadores, o campus pretende fomentar as habilidades dos participantes con tarefas de tecnificación individuais, grupais e colectivas, xogos e competicións que servirán ademais para que poidan desenvolver ou potenciar actitudes e valores como o compañeirismo, o compromiso, a solidariedade e para que ante todo se divirtan".