Duro castigo para o Poio Pescamar na súa visita a Melilla (5-2)

Poio
24 de abril 2021

Duro castigo o que recibiu o Poio Pescamar na súa visita a terras melillenses este sábado. As conserveiras, que buscaban unha nova vitoria que lles dese ás para seguir pelexando polos postos de play- off, caeron goleadas ante o Melilla

Partido entre o Melilla e o Poio Pescamar
Partido entre o Melilla e o Poio Pescamar

Duro castigo o que recibiu o Poio Pescamar na súa visita a terras melillenses este sábado. As conserveiras, que buscaban unha nova vitoria que lles dese ás para seguir pelexando polos postos de play-off, caeron goleadas ante o Melilla.

O encontro comezou con claras ocasións para ambos os conxuntos, a máis clara de Ana Rivera para o Poio Pescamar ao estrelar o seu disparo ao poste.

Aos 10 minutos de xogo Antía abriu a lata en xogada persoal, índose de Bía e batendo a Sara Soares en portería. Sen tempo para gozar o gol, chegou o empate por parte de Emily Marcondes, que controlou de costas, deuse a volta, e superou de vaselina a Caridad.

Poñíanse as cousas complicadas ao Poio Pescamar cando cometían a quinta falta, aproveitando o Torreblanca para poñerse por diante por primeira vez na xornada. Marcondes ameazou con disparo directo, pero cedeu ao corazón da área desde onde Lydia tocou para colocar o 2-1. Pouco despois, o Melilla deixou noqueado ao equipo vermello con outro gol da brasileira, que repetiu a mesma xogada do empate para superar con outra vaselina a Caridad.

Antes de alcanzar o descanso, o cadro de Manu Cossío avisaba con varios achegamentos. O máis claro o disparo afastado de Luci que desviou Emily ao interior da portería, colocando o 3-2 co que se chegou ao intermedio.

Tentou o Poio Pescamar controlar o xogo, ante un Torreblanca que buscaba a Marcondes nas súas accións ofensivas. Así, á media hora de xogo, a brasileira desde o á dereita, enviou o balón a Bía ao segundo pau, desde onde rematou para superar por baixo a Silvia.

Xa a cinco do final, Cossío optou polo xogo de cinco con Irene como porteira xogadora, pero na mesma xogada, Sara Soares desde propia cancha anotou o 5-2 co que se alcanzou o bucinazo final.

TORREBLANCA (5): Sara Soares; Fernanda, Bía, Emilly e Lydia (quinteto inicial). Tamén xogaron, Julia e Jacke.

POIO PESCAMAR (2): Caridad; Luci, Clara, Dani Sousa e Ana Rivera (cinco inicial). Tamén xogaron, Antía, Irene, Miriam, Silvia (segunda porteira), Chiesa e Dupuy.

Goles: 0-1, min. 9 Antía. 1-1, min. 10 Emilly Marcondes. 2-1, min. 14 Lydia. 3-1, min. 15 Emilly Marcondes. 3-2, min. 18 Luci. 4-2, min. 29 Bía. 5-2, min. 35 Sara Soares.

Incidencias: Lázaro Fernandez. As colexiados Canas Mañas e Quintero Carrión amoestaron a Julia e Bía no Torreblanca e Antía no Poio Pescamar.