Dúas xogadoras do Poio Pescamar, na primeira lista da Selección Española Sub-23

Poio
21 de outubro 2024

A Real Federación Española de Fútbol fixo oficial a primeira convocatoria da recentemente estreada Selección Española Sub-23, chamando dúas xogadoras do Poio Pescamar

Elena, no partido entre Marín Futsal e Poio Pescamar na Raña
Elena, no partido entre Marín Futsal e Poio Pescamar na Raña / Cristina Saiz

Un novo equipo súmase ás categorías inferiores da Selección Española de Fútbol Sala Feminino.

A Real Federación Española fixo oficial este luns la primeira convocatoria da historia da Selección Española Sub-23.

Unha nova categoría, explican, que nace co obxectivo de dar continuidade ao traballo realizado desde o combinado Sub-15 ao Sub-21, e como último paso previo á Absoluta.

Nesa lista inicial do seleccionador Jordi Gay aparecen entre as 14 elixidas dúas futbolistas do Poio Pescamar.

Trátase da gardameta Elena e a peche Martita.

A concentración nacional terá lugar xusto despois da próxima xornada de liga, na que o equipo vermello se medirá a domicilio ao Móstoles.

Comezará de feito o domingo 27 de outubro para finalizar o día 31.

Por medio a nova España Sub-23 disputará un encontro amistoso fronte ao Atlético Navalcarnero o día 30 de outubro. Será un duelo a porta pechada que terá lugar no pavillón Felipe VI de Boadilla del Monte.