Dúas nadadoras do Galaico Sincro, únicas galegas na concentración nacional alevín

Pontevedra
19 de outubro 2018

As nadadoras Andrea Pazos e Sara Villanueva, integrantes do Galaico Sincro, convertéronse nas dúas únicas galegas convocadas para a concentración alevín nacional que organiza a Federación Española. Xunto a elas tamén estará a adestradora Diana Fernández Garrido, directora deportiva do club pontevedrés

Andrea Pazos e Sara Villanueva coa súa adestradora, Diana Fernández Garrido
Andrea Pazos e Sara Villanueva coa súa adestradora, Diana Fernández Garrido / Galaico Sincro

As nadadoras Andrea Pazos e Sara Villanueva, integrantes do Galaico Sincro, convertéronse nas dúas únicas galegas convocadas para a concentración alevín nacional que organiza a Federación Española de Natación.

Xunto a elas tamén estará a adestradora Diana Fernández Garrido, directora deportiva do club pontevedrés.

A convocatoria das nadadoras correspóndese coa súa clasificación entre as trinta mellores nadadoras artísticas españolas da categoría alevín do conxunto nacional na pasada tempada.

Pola súa banda, a chamada á adestradora recoñece especialmente a traxectoria seguida polo club pontevedrés nas últimas tempadas a nivel nacional.

Ademais, segundo destaca o club, referenda a calidade do proxecto deportivo desenvolto por esta nova adestradora, que ao longo destes anos conseguiu elevar ao Galaico Sincro á sexta posición nacional en natación artística alevín e convertelo no referente desta disciplina a nivel autonómico.