Dous xogadores do Waterpolo Pontevedra, de 'máster' co CN Sabadell

Pontevedra
11 de abril 2019

Alejandro Andión e Diego Touriño, xogadores de categoría cadete, foron convocados pola Federación Galega de Natación para participar nunha concentración co Sabadell, un dos clubs de maior tradición do estado

Alejandro Andión e Diego Touriño, deportistas do Waterpolo Pontevedra
Alejandro Andión e Diego Touriño, deportistas do Waterpolo Pontevedra / Club Waterpolo Pontevedra

Valiosa experiencia a que está a acumular estes días dous xogadores do Club Waterpolo Pontevedra, concentrados en Sabadell para participar nunha xornadas de adestramento xunto a un dos clubs con maior tradición e nivel do estado, o CN Sabadell.

Estes xogadores, en idade cadete, son Alejandro Andión e Diego Touriño, convocados pola Federación Galega de Natación.

Este 'stage' de preparación celébrase estes días, de 10 ao 13 de abril, nas instalacións do Centre Can Llong do Club Natació Sabadell co equipo cadete do club  vallesano.

Xunto aos representantes pontevedreses acudiron á cita outros dous deportistas galegos, Xandre Rodíguez e Samuel Infestas.

SETE INFANTÍS COAS SELECCIÓNS GALEGAS

Por outra banda, o Waterpolo Pontevedra terá unha importante participación no Campionatos de España Infantil por Federacións Territoriais, ao que acudirá con sete deportistas convocados polos equipos galegos.

Trátase de Izaskun Tellería, Iria Amoedo, Paula Millán e Noa Tacón, que formarán parte da Selección Galega feminina, e de Iker Arambarri, Pablo Vieites e Martín Souto no combinado masculino.