Dous subcampionatos de España para terminar a tempada ao grande

Marín
08 de xullo 2024

Sesenta e cinco clubes de toda España, entre eles o Club Remo de Marín, citáronse esta fin de semana no lago de Banyoles, en Girona, para disputar o Campionato de España alevín, infantil e veterano. Dos 1.000 deportistas participantes, seis pretencían ao club marinense. A pesar de ser unha pequena delegación, voltaron demostrar a súa capacidade de facer fronte aos grandes equipos do país acadando o subcampionato de España en categorías alevín e veterano

Remeros de Marín en Banyoles
Remeros de Marín en Banyoles / Club de Remo Ría de Marín

Sesenta e cinco clubes de toda España, entre eles o Club Remo de Marín, citáronse esta fin de semana no lago de Banyoles, en Girona, para disputar o Campionato de España alevín, infantil e veterano.

Dos 1.000 deportistas participantes, seis pretencían ao club marinense (dous alevíns, dous infantís e outros dous veteranos). A pesar de ser unha pequena delegación, os de Marín voltaron demostrar a súa capacidade de facer fronte aos grandes equipos do país acadando o subcampionato de España en categorías alevín e veterano.

Deste xeito, e despois dos boísimos resultados logrados a nivel autonómico, os alevíns Rubén Sobral e Alejandro Estebanez en 2xAM e os veteranos Francisco López e Pilar Vázquez en 2xVMx, remataron a tempada colgando a medalla de prata.

Pola súa banda, Pilar Vázquez na súa participación individual en 1xVF rematou en cuarta posición, e os infantís Breogán Gutiérrez e Gorka Rivadulla acabaron no posto 16 en 2xIM.

Estas medallas súmanse as obtidas polo cadete Xián Gutiérrez (campión de España de longa distancia e subcampión de España de pista); e as da competición nacional Copa Primavera, cun ouro alevín para Rubén Sobral e Alejandro Estebanez; ouro cadete para Anxo Blanco e Xairo Rivadulla; prata cadete para Xián Gutiérrez, Hugo González, Xairo Rivadulla e Anxo Blanco; bronce cadete para Xián Gutiérrez e prata para a veterana Pilar Vázquez.

Nesta tempada, a nivel autonómico o club conseguiu un total de 22 medallas entre todas as súas categorías: 9 ouros, 8 pratas e 5 bronces. A maiores, os remeiros de Marín participaron tamén nas regatas internacionais de Gondomar, Ponte da Amizade e Queima das Fitas, todas elas en Portugal, onde conseguiron 3 ouros, 3 pratas e 3 bronces.

Agora que o curso chegou o seu fin, desde o Club Remo de Marín invitan a todos aqueles que queiran probar o deporte a facelo no campamento de verán que organiza o equipo durante os mes de xullo e agosto. As incricións están e os únicos requisitos para poder iniciarse son saber nadar e ter dez ou máis anos e poden facerse no teléfono 669957267.