O Atlético Villalonga logrou este domingo unha importante vitoria na súa visita ao Real Avilés (1-2).Bita foi a gran protagonista do partido ao anotar os dous goles que selaron a vitoria do conxunto celeste.
O primeiro tanto chegou no minuto 40 e, a pesar dos intentos de reacción do cadro asturiano, as de Edu González seguiron dominando ao comezo do segundo tempo, subindo o 0-2 que lles daba unha vantaxe cómoda pasada a hora de xogo.
O Real Avilés non se rendeu e buscou recortar diferenzas, pero non foi ata o minuto 89 cando atopou o seu premio cun penalti transformado por Lynda Mendoua.
Sen tempo para moito máis, as xogadoras visitantes souberon aguantar o resultado para sumar os primeiros tres puntos da tempada.
Na seguinte xornada de liga, o Atlético Vilalonga buscará seguir coa serie positiva medíndose ao Huesca en San Pedro. Será lle sábado 21 de setembro a partir das 18:00 horas.
Consulta a acta nesta ligazón.