Dous partidos xogou o Poio Pescamar esta pretempada e dúas son os triunfos que conseguiu.
O último na localidade portuguesa de Fafe, onde o conxunto conserveiro gañou ás subcampioas de liga do país luso, o Nun'Alvares, por dous goles a cero.
O primeiro tanto da tarde chegou da forma menos esperada. Longa combinación das vermellas e balón atrás para a gardameta Elena, que desde o seu propio campo colgou o esférico na interior da área e terminou coándose na portería rival.
No 0-2, a gardameta conserveira volveu cobrar protagonismo tras deter un man a man a unha xogadora rival. Abriu a banda dereita e o seu equipo iniciou un contragolpe de manual que asistiu Miri e transformou Candela Soria.
A pretemporada do Poio Pescamar finalizará co torneo de Cartelle no que estarán o Ourense FSF, Melilla Torreblanca e Santa Luzia FC.