A Sociedade Gimnástica de Pontevedra comezou o ano 2025 disputando o Campionato Xunta de Galicia de Campo a través celebrado na Rúa.
Até alí desprazáronse oito equipos da escuadra pontevedresa, que destacaron polos seus grandes resultados nas diferentes categorías.
No caso do equipo feminino de categoría absoluta e sub-18, a estrea non puido ser mellor. Os equipos formados por Isa Caeiro, Marina Porteiro, Paula de la Torre, Carmen Victoria González e Lucía Varela (quen se estreaba coa elástica da Gimnástica), e por Sabela Martínez, Paula Fernández, María Estévez, Aroa Barbeito e Noelia Quiñones, alzáronse co título autonómico.
Ademais, tamén en categoría sub-18, pero masculina, Hugo Domínguez (San Miguel de Marín – filial), Alejandro Santos, Hugo Dopazo, Hugo Collazo, Diego Huerta e Anxo Jamardo subíronse ao primeiro banzo do podio conseguindo o seu título de Campións Galegos.
Durante esta xornada tamén descataron os resultados conseguidos polo equipo sub23 masculino, que foi segundo, o cuarto e quinto posto autonómico alcanzado polos integrantes dos equipos sub20 (feminino e masculino, respectivamente) e o sexto e oitavo posto conseguidos polos atletas que formaron os equipos feminino e masculino.
En canto aos resultados individuais, Carmen Victoria González foi primeira en categoría sub23 e da súa compañeira Isa Caeiro, quen cruzou a meta xusto despois dela, alzouse co segundo posto na mesma categoría. Alejandro Santos foi segundo no sub18 masculino, contribuíndo desa maneira á vitoria do equipo e á consecución do título.
Doutra banda, esta competición serviu como estrea para algún das novas fichaxes desta tempada, como é o caso de Paula Fernández quen empezou con moi bo pé a súa andaina coa camiseta da Gimnástica, cultivando un terceiro posto en categoría sub-18, formando parte do equipo campión da categoría.
No caso do CD Pinaruim, proclamouse subcampión galego absoluto por clubes na categoría masculina.