Dobre título para Álex Flórez no Campionato do Mundo de Veteráns

Pontevedra
31 de marzo 2014

O atleta da Sociedad Gimnástica volve de Budapest con dúas medallas de ouro na competición celebrada en pista cuberta

Álex Flórez durante unha competición
Álex Flórez durante unha competición

Destacado papel do atleta da Sociedad Gimnástica Álex Flórez no Campionato do Mundo de Atletismo de Veteráns en Pista Cuberta, celebrado en Budapest.

Álex volveu da capital húngara con dúas medallas de ouro na maleta, despois da súa actuación en dúas disciplinas de marcha.

Na primeira delas, os 3 quilómetros para maiores de 40 anos, o atleta do club lerezano impúxose cun tempo de 12 minutos, 13 segundos e 57 centésimas.

Tras este éxito repetiu actuación nos 10 quilómetros marcha cun marca de 44 minutos, 33 segundos e 40 centésimas.