Dobre ración de natación en Rías do Sur

Pontevedra
27 de novembro 2024
Actualizado: 16:36

A piscina pontevedresa será escenario da fase territorial da Copa de España de Clubs de Natación e do Campionato Galego de Longa Distancia. Ambas as dúas citas foron presentradas este mércores

Presentación da fase territorial da Copa de España de Natación
Presentación da fase territorial da Copa de España de Natación / Concello de Pontevedra

O Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños será escenario dúas semanas consecutivas de importantes eventos para a natación galega.

Ambas as dúas citas, que foron presentadas oficialmente este mércores, son a fase territorial da Copa de España de Clubs de Natación e o Campionato Galego de Longa Distancia.

Na primeira delas, que se celebrará el sábado 30 de novembro e o domingo 1 de decembro.

Competirán en Pontevedra "sobre 320 nadadores de 18 clubs, todos os de Galicia de 2ª División", explicou o presidente da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Brión.

Unha competición que afronta con moitas ganas o Club Natación Galaico, e é que "fixemos un cambio moi importante no equipo a nivel técnico e hai moitas expectativas", afirmou o presidente do club, Alberto Castro.

Na presentación dos campionatos estaban tamén a concelleira de Deportes, Anabel Gulías, o vicepresidente provincial Rafa Domínguez e o presidente da Fundación Rías Do Sur, Serafín Piñeiro.

A primeira fin de semana suporá todo un desafío organizativo, e é que no descanso desta competición disputarase ás 14.00 horas o partido de Primeira Nacional Feminina de Waterpolo entre o Waterpolo Pontevedra e Colegio Brains.

Tras el chegará, o sábado 7 de decembro o Campionato Galego de Longa Distancia, un campionato "moi especial porque é como unha travesía na piscina".