Dobre podio para o Froiz no arranque do Campionato de España de Ciclocrós

Pontevedra
07 de outubro 2024
Actualizado: 08 de outubro

Miguel Rodríguez e Raúl Mira finalizaron en segunda e terceira posición a carreira elite e sub-23 do XIV Trofeo Villa de Gijón de ciclocrós

Miguel Rodríguez, na Copa de España de Ciclocrós en Les Franqueses en 2022
Miguel Rodríguez, na Copa de España de Ciclocrós en Les Franqueses en 2022 / Real Federación Española de Ciclismo

Posta de longo para o Campionato de España de Ciclocrós coa celebración do XIV Trofeo Villa de Gijón, e primeiros podios para equipos e ciclistas da comarca.

O Grupo Deportivo Supermercados Froiz pisou o caixón por partida dobre na carreira elite e sub-23 masculina.

Miguel Rodríguez e Raúl Mira foron protagonistas nunha proba que gañou a elite Kevin Suárez (1:02:21). A pouco máis dun minuto entrou Miguel Rodríguez como segundo da xeral e primeiro sub-23, completando o podio de honra o seu compañeiro de equipo 22 segundos despois.

Ademais Gonzalo Inguanzo, vixente campión elite da Copa de España, entrou en meta na quinta posición.

En Xixón foi tamén destacada a actuación do cadete Lucas Lozano (XSM Marín) ao ser segundo na súa categoría a 27 segundos do vencedor.

Pola súa banda en idade júnior, Lorena Patiño (XSM Marín) arrincou a defensa do título cunha cuarta posición.

Tras esta cita a segunda proba do calendario disputarase en casa, e é que por primeira vez o Ciclocrós Internaciona Xaxán CX de Marín será parte da Copa de España cun evento que se disputará o vindeiro domingo 13 de outubro.