O Grupo Deportivo Supermercados Froiz ten unha dobre cita esta fin de semana coa participación na proba da Copa de España en Estremadura e na XCIII Loinatz Proba-Memorial Lazcan en Beasain.
En terras estremeñas, a escuadra alimenticia buscará o triunfo na 55º Circuito Guadiana en Don Benito. Unha proba de 170 quilómetros, con catro voltas a un circuíto de 41 quilómetros, con catro premios de montaña. Será unha carreira rápida na que os corredores máis versátiles terán opcións de levar o triunfo.
Por parte do Froiz, tomarán a saída Santiago Cadavid, Nicolas Antorena, Juan Diego Cano, Miguel Tapia, Daniel Jiménez e Ramon Fernandez e Pablo Alonso.
Ao mesmo tempo, en terras vascas celebrarase unha dura proba de montaña á que o Froiz acudirá cos seus mellores escaladores. Raul Casalderrey, Roberto Mediero, Victor Etxebarria, Angel Monje e Manuel Rodriguez serán os representantes da escuadra alimenticia.