A Escudería Ponte Caldelas celebrará a7ª Subida a Ponte Caldelas, unha emocionante proba de rally que terá lugar desde o venres 6 ata o domingo 8 de setembro.
Este evento, que volvera xuntar numerosos afeccionados ao motor, contará cun percorrido de 4 quilómetros.
Comezará na Avenida de Vigo, pasando pola PO-244 e continuará pola EP-0201 ata a parroquia de Anceu
As inscricións para participar na competición estarán abertas ata o 2 de setembro ás 20.00 horas, cun límite máximo de 150 vehículos.
Os recoñecementos do percorrido deberán ser realizados á marxe das mangas oficiais e serán de exclusiva responsabilidade dos ocupantes dos vehículos.
A organización subliñou a importancia de respectar as normas de tráfico e as infraestruturas durante os recoñecementos previos, prohibindo estritamente a realización de marcas sobre sinais de tráfico, pavimentos, edificacións ou marxes da estrada.
En canto aos premios, a 7ª Subida a Ponte Caldelas repartirá un total de 7.320 euros en metálico.
Os trofeos e premios en metálico estarán divididos nas categorías de xeral carrozados e xeral non carrozados, con recompensas para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
O gañador de cada categoría recibirá 600 euros, un trofeo e unha coroa de loureiro, mentres que o segundo e terceiro clasificados recibirán 300 e 150 euros, respectivamente, ademais dos trofeos correspondentes.
Esta proba é unha cita automobilística destacada ao ser puntuable no Campionato Galego de Montaña.