Dispositivo especial de tráfico e mobilidade durante a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon

Pontevedra
05 de setembro 2023

A só 19 días de que se dispute a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon, o Concello de Pontevedra xunto á Policía Local desvelaron o dispositivo especial de tráfico que se terá que cumplir durante os días que dure a competición    

Presentación do operativo de tráfico e mobilidade para a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon
Presentación do operativo de tráfico e mobilidade para a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon / Mónica Patxot

A só 19 días de que se dispute a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon, o Concello de Pontevedra xunto á Policía Local desvelaron o dispositivo especial de tráfico que se terá que cumplir durante os días que dure a competición.

Trátase dun evento que ten unha "complexidade grandísima" con nove probas diferentes en seis circuitos. Por iso, a Concellería de Seguridade, acompañada Policía Local, Policía Nacional, Garda Civil e Protección Civil prepararon un amplio operativo de tráfico, estacionamento e seguridade para que a celebración destas probas poda facerse con normalidade.

"Todo isto require un plan de comunicación importante", explicou o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, "queremos que todos os cidadáns, especialmente os máis afectados, teñan un coñecemento profundo de cales serán as restricións para que evitar os máximos problemas posibles".

Para iso, realizaron unha coordinación interna entre servizos municipais, tanto políticos como dos distintos servizos, e un plan de comunicación externo con folletería personalizada segundo afecte cada proba. Tamén celebaron reunións e asambleas entre veciños de Santa Clara e da Nacional 550, xa que a do domingo "é a proba máis complexa pola distancia, duración, e porque é a que máis participantes ten". Ademáis, engadiu o alcalde que haberá un teléfono específico da Policía Local para contestar as posibles dúbidas dos cidadáns, tanto previas como durante a celebración das probas.

O operativo da proba en si vai estar controlado por un posto de mando avanzado que estará na Xefatura da Policía Local, coa concelleira, policías locais, persoal da Guardia Civil, da Policía Nacional, de Protección Civil e voluntariado. En total serán 894 voluntarios que garanterán o funcionamento das competicións en tema de seguridade do circuíto, divididos en seis turnos diferentes que van desde o venres ás 15:00 ata o domingo ás 21:00 horas. Maioritariamente é persoal da Brilat e da Escola Naval.

No caso da proba acuática, haberá un operativo de seguridade especial na zona do río na que haberá bombeiros, socorristas, GEAS, guardias civis e piragüistas, cuxo número dependerá da duración e da distancia das probas de natación. Neste caso, para garantir a limpeza do Lérez, un servizo de Viaqua realizará analíticas da auga, controlará posibles vertidos, fará un servizo de limpeza previo, e tamén os haberá en caso de urxencia durante as probas.

O hospital de campaña estará no CGTD, haberá un equipo de sanitarios e médicos, ambulancias medicalizadas e normais, e outros médicos que irán en moto con policías e guardias civís para facilitar o acceso ao circuíto en caso de que sexa necesario.

Lores engadiu que a elaboración deste amplio operativo requeriu a modificacíon, cambio e posta de novas sinais verticais (máis de 2.000) para facilitar información a todos os cidadáns. Ademais, desde o Concello engadiron que todo o circuíto está estudado polos responsables de actuación para evitar calquer tipo de incidencia e estiveron no repintado, sinalización, reparación de zonas ou asfaltados para evitar calquer tipo de problema. "É o maior operativo realizado polo Concello sen dúbida", destacou Lores.

Para que a realización das probas poidan realizarse con total normalidade e sen causar problemas aos pontevedreses, o alcalde recomenda "ler en profundidade o folleto, evitar sacar o coche, moverse por vías exteriores, usar a autoestrada, e utilizar as variantes de Montecelo, Monte Porreiro e Nudo do Pino. Confío en que a grandísima maioría colabore e o faga o mellor posible", confesou.