A xornada do venres non foi a máis positiva das celebradas ata agora no Campionato do Mundo de Santander para o 49er FX formado por Támara Echegoyen e Berta Betanzos.
O tándem galego-cántabro, que se encontraba en cuarto lugar a un só punto do podio, finalizou as catro mangas do venres cun noveno, un décimo, un décimo oitavo e un vixésimo posto, converténdose o último resultado no seu descarte.
Con estas cifras Echegoyen e Bentanzos caen ata a sétima praza, pero mantéñense no top-ten que dá dereito a participar na medal race do domingo e que supón ademais a clasificación olímpica para o barco español.
Por diante non se produciron cambios nunha competición dominado ata o momento polas danesas Ida Marie Baad Nielsen e Marie Thusgaard.
Pola súa banda os arousanos Carlos e Antón Paz clasificáronse para a Medal Race no 49er ao finalizar novenos as regatas clasificatorias, o que supón ademais confirmar a praza olímpica nesta categoría para o equipo nacional.