Que vai pasar coas competicións suspendidas é unha das grandes preguntas a nivel deportivo que se presentan en plena crise sanitaria.
Cada vez son máis as voces que piden a cancelación definitiva das ligas, e unha delas foi o adestrador do Marín Peixe Galego da Liga LEB Ouro de Baloncesto.
Diego Gómez cre que o aprazamento da competición ata o 13 de abril é "un periodo corto porque ahora mismo hay una incertidumbre muy grande en este tema y no se sabe cuánto va a durar". Ademais "no se sabe hasta qué punto va a ser peligroso o complicado para la salud volver a jugar" a partir desa data, engade.
Por ese motivo o técnico do equipo marinense alíñase coa tese defendida polo seu club: "Yo apostaría por una suspensión definitiva de la competición" porque "me parece que sería muy complicado retomarla".
Neste aspecto Gómez sinala a delicada situación que están a atravesar moitos equipos (o Peixe Galego comunicou a súa intención de acollerse a un Expediente de Regulación Temporal de Emprego), ao que se suma que gran parte dos xogadores estranxeiros da liga regresaron aos seus países de orixe e se se decide reiniciar a tempada "a ver cómo vuelven esos jugadores y si se les va a dejar entrar en el país", explica en relación ás posibles restricións fronteirizas en países como Estados Unidos onde a pandemia está a gañar protagonismo nos últimos días.
Por todo iso "espero que la Federación tome una decisión lo más pronto posible para que sea lo mejor para todo el mundo", conclúe o adestrador do Peixe Galego esperando saber máis pronto que tarde como afrontará o baloncesto nacional a papeleta que se lles vén encima.