Diarrá remata coa resistencia do Badajoz para asinar o segundo triunfo do Arxil (70-74)

Pontevedra
02 de novembro 2014

A pívot senegalega, MVP da primeira xornada, logrou 26 puntos, 20 rebotes e 8 tapóns para unha valoración de 52. O Arxil, con dúas vitorias en dúas xornadas, sitúase na terceira posición

Partido de Copa Galicia entre Arxil e Cortegada no CGTD
Partido de Copa Galicia entre Arxil e Cortegada no CGTD / Diego Torrado

Vai camiño de converterse nunha das xogadoras da tempada na Liga Feminina 2. A arxilsta Maimouna Diarrá, MVP da primeira xornada, dobregou a resistencia do Badajoz Basket Femenino no primeiro encontro a domicilio das pontevedresas (70-74).

A pívot senegalesa dominou a pintura e foi imparable para a defensa local, asinando uns espectaculares números con 26 puntos, 20 rebotes e 8 tapóns para unha valoración de 52.

A pesar diso o choque foi do máis igualado e as verdes non lograron decantalo ao seu favor ata o último cuarto.

Antes o Badajoz contrarrestaba a superioridade do Arxil no xogo interior cun grande acerto dende a liña de tres, principalmente de Larisse (5 de 6).

Así se chegou ao inicio do último parcial, con lixeira vantaxe estremeña, pero as de Mayte Méndez apertaron en defensa para voltear o marcador e aguantar unha renda que as sitúa, con dous triunfos en dúas xornadas, na terceira praza da clasificación.

BADAJOZ BASKET FEMENINO (70): Regina Gómez (19), Celia Cabrera, Larisse Milhomen (19), Belén Mejías (17), Faye (2) -cinco inicial- Susana Albano, Avebe (2), Pamela Moral (11), Marta Zurita (0), Ana Cabrera (0).

CB ARXIL (74): Maimouna Diarrá (26), María González (10), Ana Martín (6), Carla Fernández (4), Fallon Lewis (7) -cinco inicial- Ana Román (10), Jara Tuda (2), María Lago (9), Cristina Díaz-Pache.

Árbitros: Valle Iglesias e Grande Claver. Eliminadas por faltas as locais Faye e Avebe.

Parciais: 18-18, 21-23, 20-15, 11-18.

Incidencias: Partido disputado no Pabellón Las Palmeras de Badajoz.