Acabou o misterio! Despois de dúas xornadas disputadas, o Pontevedra Club de Fútbol desvelou a que será o seu equipamento definitivo para a tempada 2024-2025. A presentación, realizada este venres a través das redes sociais do club, resolveu a intriga sobre como serán os novos uniformes do equipo.
Baixo o lema "Corazón granate e alma dourada", o Pontevedra presenta o seu primeiro equipamento cun deseño co granate como referente na camiseta e o azul mariño no pantalón, acompañados de detalles dourados. Este deseño, ademais, destaca polo cambio no escudo, que se mostra diferente ao dos partidos anteriores.
O segundo equipamento, que presumiblemente se estreará este domingo en Soria, revélase nun ton dourado con detalles en azul.
A pesar da revelación dos deseños, o club aínda non anunciou o prezo das camisetas nin a data en que estarán dispoñibles para a súa compra.
Aquí están! Esta é a nosa pel para a tempada 2024/25
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) September 13, 2024
Corazón granate e alma dourada
1ª equipacion granate
Segunda equipación dourada con tons azuis #NonPararAtaVoltar pic.twitter.com/rR8gdY4y1H