Desvelado o camiño do Peixe Galego cara ao ascenso a LEB Ouro

Marín
18 de febreiro 2019

O cadro marinense xa coñece cal será o seu camiño na fase polo ascenso de categoría, que arrincará o próximo 27 de febreiro e na que parte con certa desvantaxe con respecto a algúns dos seus rivais ao contar os duelos directos disputados ata a data

Partido entre o Marín Peixe Galego e o Juaristi ISB
Partido entre o Marín Peixe Galego e o Juaristi ISB / Diego Torrado

O Marín Peixe Galego xa coñece cal vai ser o seu camiño na segunda fase de competición da LEB Prata, esa na que tras pasar o corte pelexará polo ascenso de categoría.

Non será unha tarefa sinxela para os de Javi Llorente, que ao arrastrarse os resultados na primeira fase contra equipos que tamén se clasificaron parte con certa desvantaxe sobre algúns dos seus rivais.

O Peixe accede á fase de ascenso con 4 vitorias e 6 derrotas, mentres que os dous líderes, Aquimisa Laboratorios Queso Zamorano e Zornotza, contan cun balance de 7-3 e os tres seguintes equipos, Básquet Girona, HLA Alicante e CB Villarrobledo acumulan un 6-4.

Esa é a diferenza para remontar polos de Marín, xa que en xogo está unha praza de ascenso directo e outras dúas que se decidirán nunha eliminatoria directa entre os clasificados entre o segundo e o quinto posto.

Completan os equipos presentes na segunda fase: Real Murcia Baloncesto, Igualatorio Cantabria, Basket Navarra, Isover Azuqueca, Afanion Almansa e Juaristi ISB.

Por diante 12 xornadas de competición que se iniciarán para os marinenses o mércores 27 de febreiro na casa, no pavillón da Raña, ante o Villarrobledo, e finalizarán o día 11 de  mayotambién na súa pista ante o HLA Alicante.