A Sociedad Gimnástica buscará un ano máis a permanencia co seu equipo masculino na máxima categoría nacional, a División de Honra, nunha competición que arrincará o 13 de abril.
O club pontevedrés xa coñece o camiño que lle espera no Campionato de España de Clubs, tras desvelar a Real Federación Española de Atletismo os emparellamentos e sedes da primeira xornada de liga.
No caso do equipo masculino da Gimnástica, estrearase en Soria o citado sábado 13 de abril medíndose ao organizador da xornada Atletismo Numantino, ao CA Fent Cami Mislata e ao AA Catalunya.
Pola súa banda o conxunto feminino debutará na Primeira División un día despois, o domingo 14, no Estadio Vallehermoso de Madrid medíndose ao A.D. Sprint, Delsur Coop La Palma e ao Bahía Algeciras.
A folla de ruta do Campionato de España de Clubs de División de Honra e Primeira División establece que a segunda xornada de competición celebrarase o 4 de maio, na que se decidirá que oito equipos loitarán polo título ou ascenso no caso de Primeira División e que clubs farano pola permanencia na terceira e última xornada, prevista para os días 25 e 26 de maio.