Destacado papel do Galaico cun terceiro posto no campionato galego de longa distancia

Pontevedra
19 de novembro 2023

A piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur acolleu este sábado o campionato galego de longa distancia e clasificatorio para o nacional da especialidade, que se celebrará en decembro

Campionato galego de longa distancia
Campionato galego de longa distancia / CN Galaico

A piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur acolleu este sábado o campionato galego de longa distancia e clasificatorio para o nacional da especialidade, que se celebrará en decembro.

Entre os participantes estiveron 16 nadadores en representación do Club Natación Galaico das categorías infantil, júnior1, júnior 2 e sénior, realizando unha destacada actuación que lle valeu ao equipo a terceira posición na xeral.

O equipo feminino estivo formado por Sofía Barros, Gisèle Rocha, Sara Cabalería, Mara Vidal, Alba Castro, Aldara Ortego e Alba Vidal, e o masculino por Alejandro Álvarez (único representante senior), Pedro Barros, Iker Pérez, Adrián Méndez, André Ortego, Tomás Gómez, André Rendo, Mateo Prado Olivier Rocha.

Os infantís nadaron 2.000 metros libre, e os júnior e sénior 3.000 metros libre, destacando a nivel individual Sofía Barros, proclamándose campioa galega infantil; Alba Castro, terceira clasificada infantil; Alejandro Álvarez, cuarto clasificado sénior; e Mara Vidal, cuarta infantil.

Por clubs, o Galaico quedou subcampión galego de longa distancia en categoría masculina, cuarto en feminina e terceiro na clasificación xeral.