Desde Canadá para defender a portería do Waterpolo Pontevedra

Pontevedra
24 de setembro 2024

O club pontevedrés confiou esta tempada a súa portería á canadense Marianne Caroline Bouchard-Côté

Marianne Caroline Bouchard-Côté, nova xogadora do Waterpolo Pontevedra
Marianne Caroline Bouchard-Côté, nova xogadora do Waterpolo Pontevedra / Club Waterpolo Pontevedra

O equipo feminino de Primeira Nacional do Club Waterpolo Pontevedra segue a coller forma e preparándose para a nova tempada.

Un curso, o terceiro en categoría nacional, para o que o equipo pontevedrés confiou nunha xogadora procedente de Canadá para defender a súa portería.

Trátase de Marianne Caroline Bouchard-Côté, porteira de 23 anos e con experiencia internacional.

Ademais de xogar para a súa selección nacional en categoría júnior, foi xogadora do CAMO en Montreal e a pasada campaña militou no ASD Nautilus Civitavecchia italiano.

Marianne é a quinta incorporación do Waterpolo Pontevedra tras as de Saray Guilbert, Adriana Collazo, Rosalía Rey e Isabel Pérez, as catro procedentes do CW Santiago.