O descenso está cada vez máis cerca para o Club Baloncesto Arxil, que tan só gañou un encontro en Liga Feminina Challenge cando apenas restan cinco xornadas.
As verdes caeron este sábado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva ante o Melilla La Salle e dependían de que o Barakaldo gañase ao La Cordá, pero como as vascas perderon, prolóngase o inevitable, polo menos, unha xornada máis.
En canto ao enfrontamento desta tarde, o equipo pontevedrés comezou dominando e fíxose co primeiro cuarto (23-20).
Ao comezo do segundo, o conxunto melillense empatou para, na recta final do período, tomar as dianteira grazas ao acerto de Alejandra Sánchez e así irse ao descanso cunha pequena vantaxe de seis puntos (39-45).
Tras o paso polos vestiarios a igualdade continuou, pero o Melilla conseguiu manter a súa vantaxe e mesmo facela maior para chegar ao último e definitivo cun pequena pero valiosa renda de nove puntos (53-62).
Xa no último cuarto, o Arxil tratou de recortar distancias, pero as visitantes souberon xestionar o marcador para levar a vitoria por 74.82.
Consulta as estatísticas neste enlace