O Club Waterpolo Pontevedra comezou a súa terceira tempada consecutiva na categoría de prata do waterpolo español cunha derrota por 14-10 ante o CN Vallirana.
De feito, aínda que foron as visitantes as que se adiantaron no marcador cun gol de Valentina Restrepo, o partido non tivo o inicio esperado para as pontevedresas, que se viron superadas polas individualidades de Anna López, quen liderou ás súas con tres dos catro goles do seu equipo no primeiro cuarto (4-1).
Necesitaba un lavado de fronte o equipo de Lérez, pero non logrou repoñerse, índose ao descanso cun resultado en contra de 8-3 que deixaba o encontro sentenciado salvo milagre.
Despois do paso polos vestiarios mantívose a mesma tónica, con domino absoluto dun Vallirana que ampliaba aínda máis a súa vantaxe até o seis goles (12-6).
Con todo, no último cuarto, o Waterpolo Pontevedra tentou reaccionar e colocousea tan só dous goles do empate cando quedaban case catro minutos por disputarse (12-10).
O esforzo non foi suficiente para culminar a remonta e o Vallirana pechou o partido con dous goles máis nos últimos minutos para selar a vitoria por 14-10.
Consulta neste enlace as estatísticas