Un solitario gol de Unai aos 9 minutos de xogo foi suficiente para que o Estradense levase os tres puntos do Carrasco (0-1).
O Marcón, que saíra con boa disposición, intentou reaccionar tras o tanto, que chegou nunha acción a balón parado, ante un rival que se acazapou atrás para esperar a súa oportunidade á contra.
Tivo opcións o conxunto pontevedrés, pero non foi quen de acertar co marco rival ante un Estradense que se sentiu cómodo defendendo.
A derrota deixa o Marcón na décimo terceira praza con 41 puntos.
MARCÿN ATLÿTICO (0): Joaquín, Marcos, Pablo, Valiñas (Álvaro, min.58), Arturo, Gelillo, Iván (Chamadoira, min.85), Iago (Caste, min.58), Héctor, Martín (Rodri, min.81), Baptiste.
CD ESTRADENSE (1): Diego Álvarez, Martín, Mateo, Moure (Adrián, min.85), Víctor, Manuti, Unai (Castro, min.58), José Ramón (Míguez, min.76), Silva, Terzado, Jorge Casal (Rivadulla, min.87).
Árbitro: Patiño García. Amoestou a Pablo, Gelillo, Iago, Marcos Rodri e o adestrador Carlés no Marcón e a Silva, Víctor, José Ramón e David Castro no Estradense.
Gol: 0-1 Unai (min.9).
Incidencias: Partido disputado no campo do Carrasco, Marcón.