Derrota pola mínima do Arosa ante o Racing de Ferrol no seu primeiro test de pretempada

O Salnés
06 de agosto 2021

Un gol de Pep Caballé no minuto 19 de xogo decidiu o encontro  dispuatdo no Estadio da Lomba, no que o Racing de Ferrol fixo valer o seu maior tempo de preparación para levar o triunfo

Adestramento do Arosa 2021/2022, tempada de debut en 2ª RFEF
Adestramento do Arosa 2021/2022, tempada de debut en 2ª RFEF / Cristina Saiz

Primeiro test de pretempada para o Arousa, que este xoves recibiu na Lomba o Racing de Ferrol da Primeira RFEF como primeira pedra de toque do seu novo proxecto deportivo. 

A pesar da derrota final (0-1), o cadro arlequinado deixou motivos para o optimismo #ante un equipo de maior categoría e que chegaba con máis rodaxe.

Un gol de Pep Caballé aos 19 minutos de xogo terminou sendo decisivo, aínda que máis importante que o resultado era poder comprobar a adaptación do novo plantel.

Jorge Otero apostou por un once inicial composto por Álex Cobo, Piay, Coti, Javi Fontán, Campillo, Luismi Julio Rey, Jorge Fajardo, Mon, Buño e Sidibé, dando despois minutos a unha segunda unidade na que figuraban Manu Táboas, Pedro García, Beda, Miguel Trillo, Ross, Dani Sánchez, Miguel, Gabri e Álex.

Ao final positiva primeira proba para os de Vilagarcía, que o vindeiro domingo 8 de agosto recibirá o Rápido de Bouzas na Lomba (20.30 horas) na primeira rolda da Copa RFEF.