Derrota pola mínima do Poio Pescamar na casa do Burela

Poio
14 de decembro 2024

O conxunto conserveiro caeu por 3-2 ante o Burela nun partido igualado e con opcións para ambos os equipos

Partido entre Poio Pescamar e Melilla Torreblanca na Seca
Partido entre Poio Pescamar e Melilla Torreblanca na Seca / Cristina Saiz

Na que está a ser unha das semanas máis complicadas para o Burela a nivel económico, o Poio Pescamar non logrou puntuar na súa visita ás da Mariña tras un partido igualado que finalizou en 3-2.

A primeira parte foi do conxunto lucense, que se fixo coa posesión do esférico e gozou das mellores ocasións nos instantes iniciais, pero topou con Sandra Buzón.

Con todo, a gardameta vermella non puido facer nada para deter o un para un con Patri, que fixo o 1-0 ao cinco minutos de xogo.

Tras o gol, chegou a mellor ocasión do Poio Pescamar cun dobre disparo ao traveseiro de Ale de Paz ao que pouco despois respondeu Dany con dúas ocasións.

Ao regreso dos vestiarios, o conxunto conserveiro deu un paso adiante e tivo dúas claras ocasións antes do gol de Elia, que devolveu o empate ao luminoso no minuto 24.

Coa igualada, o encontro entrou nun intercambio de golpes e de goles. Caridad salvou ao seu equipo do segundo tanto e, Emilly Marcondes, en cambio, atinou para devolver a vantaxe ao seu equipo.

A sete do final o Poio optou por xogar con porteira xogadora e, no primeiro ataque, Patri roubou a carteira ao seu par e subiu o 3-1 a falta de seis minutos para a conclusión.

Laura Uña reduciu distancias segundos despois, pero o Burela apenas sufriu nos instantes finais para manter o resultado e deixar os tres puntos na Mariña.

Consulta a acta neste enlace