Segunda derrota consecutiva do Club Baloncesto Arxil na Liga Feminina 2, ao ceder este sábado na cancha do Ibaizábal vasco.
A ausencia de Narlyn Mosquera, unido aos problemas físicos de varias xogadoras, minguaron o rendemento das verdes especialmente na pintura, onde Ana Román a pesar das súas molestias tivo que aguantar máis de 30 minutos na pista, sumando ata 14 puntos.
Non foi suficiente o esforzo para as pontevedresas, que viron como o choque escapábaselles nunha frouxa primeira metade. No cuarto inicial, a pesar de ir por detrás (20-15) todo parecía máis igualado, pero o desacerto ofensivo no segundo parcial fixo ao Ibaizábal tomar unha importante renda ao descanso (40-27).
Melloraron as de Mayte Méndez tras o paso por vestiarios, axustando a defensa para meterse de cheo no encontro (56-50), pero as forzas fallaron nos últimos 10 minutos facendo imposible a remontada.
Con este resultado o Arxil queda ancorado en metade da táboa cun balance de catro vitorias e cinco derrotas.
Consulta as estatísticas do Ibaizábal-Arxil.