Derrota do Arosa nos penaltis contra o Juvenil de Ponteareas e xa pensa no Arenteiro

O Salnés
29 de agosto 2021

Último test de pretemporada para o Arosa, que este domingo recibiu no campo de Baltar, en Portonovo, ao Juvenil de Ponteareas. Asinaron un empate a un no tempo regulamentario e finalmente foron os visitantes os que  atinaron mellor desde os once metros e levaron o Trofeo Portonovo por 15-16

Once inicial do Arosa frente o Juvenil de Ponteareas
Once inicial do Arosa frente o Juvenil de Ponteareas / Arosa SC

Último test de pretempada para o Arosa, que este domingo recibiu no campo de Baltar, en Portonovo, ao Juvenil de Ponteareas.

Adiantouse o equipo visitante cun gol afastado de Yago que sorprendeu a Manu Táboas polo alto pouco antes de alcanzar a media hora de xogo.

Na segunda metade, a falta de 10 minutos, reaccionou o Arosa por mediación de Pablo Porrúa, que meteu ao seu equipo de cheo na loita pola vitoria.

Coas táboas no marcador, o colexiado pitou o final do encontro, que finalmente se decidiu desde os once metros.

Desta maneira e despois de 16 penaltis lanzados, foi o Juvenil de Ponteareas o que non fallou, levándose o Trofeo Portonovo.

Para este partido Jorge Otero apostou por un once inicial formado por Manu Táboas, Javi Fontán, Campillo, Ross, Cotilla, Sidibé, Mon, Rober, Diego Diz, Fajardo e Luismi, dando despois entrada a Julio, Piay, Denis e Pedro García.

A proba de lume do Arosa será a próxima fin de semana no primeiro partido de liga no que se medirá ao Arenteiro.