Derrota contra o Roldán dun Marín Futsal que non logra saír do descenso

Marín
07 de decembro 2024

O cadro marinense plantou cara ao STV Roldán en Murcia, pero terminou caendo de maneira clara vendo como os seus rivais pola permanencia apertan cada vez máis a clasificación

Partido entre Marín Futsal e Poio Pescamar na Raña
Partido entre Marín Futsal e Poio Pescamar na Raña / Cristina Saiz

O Marín Futsal non logrou en Murcia un triunfo para saír dos postos de descenso.

Era unha empresa complicada, posto que visitaban a cancha dun STV Roldán que se achega á zona de play-off, pero ven como algúns dos seus rivais da zonaba baixa van sumando pondo cada vez máis cara a pelexa pola permanencia.

Tomou a dianteira o Roldán no minuto 5 de xogo ao culminar Ángela Górriz no segundo pau unha xogada de estratexia.

Andrea Marín ampliou a vantaxe tras un córner, cun potente disparo, e aínda que nunha rápida contra Carolina Bravo puxo o 2-1 recortando distancias, as locais volveron acertar por medio de Martinha

Xusto antes do intermedio, a 4 segundos, Gisela daba de novo esperanzas ao Marín Futsal co 3-2.

Soñar coa remontada era posible, pero cortouno de raíz en equipo local, con dous goles máis no tramo final que acabaron coas esperanzas de puntuar, obra de Bárbara e de Mariángeles Vila, este último tras un roubo de balón aproveitando a portaría buxán que deixaba o xogo de cinco marinense.

Con este resultado o Marín Futsal segue en descenso con 10 puntos, os mesmos agora que o Rubí e a un punto do Ourense, que marca a salvación.

Consulta aquí a acta do partido de liga entre STV Roldán e Marín Futsal.