Derrota ante o Bosonit Unibasket dun Arxil que se afasta do ascenso (61-72)

Pontevedra
26 de abril 2024

O Club Baloncesto Arxil afrontou este venres o segundo partido da fase de ascenso a Liga Challenge no que caeu ante o Bosonit Unibasket a pesar de chegar a rozar a épica. As xogadores arxilistas volveron dar unha lección de coraxe na que está a ser unha das peores semanas para o equipo tras o falecemento de Maite Méndez

Partido de fase de ascenso entre CB Arxil e Bosonit Unibasket
Partido de fase de ascenso entre CB Arxil e Bosonit Unibasket / FEB

O Club Baloncesto Arxil afrontou este venres o segundo partido da fase de ascenso a Liga Challenge no que caeu ante o Bosonit Unibasket a pesar de chegar a rozar a épica.

As xogadores arxilistas volveron dar unha lección de coraxe na que está a ser unha das peores semanas para o equipo tras o falecemento de Maite Méndez.

O enfrontamento comezou con dominio case absoluto por parte do Bosonit Unibasket, que aproveitaba as imprecisións do conxunto pontevedrés para colocar un avultado 8-21 ao finalizar os primeiros 10 miuntos de xogo.

Nada lle saía ás xogadoras arxilistas, que a pesar de ser capaces de superar ao seu rival á hora de cazar os rebotes, acumulaban unha baixa porcentaxe de acerto nos lanzamentos e innumerables perdas froito dos nervios, que permitían ao cadro logroñés ampliar a vantaxe ao descanso ata os 22 puntos (25-47).

Non deixou de tentalo o Arxil e reapareceu tras o intermedio disposto a darlle a volta ao resultado. Sacudiuse os nervios, apertou os dentes en defensa e conseguiu parar á formación rival para chegar con esperanzas ao último cuarto (40-53).

Parecía que a remontaba ía se é posible e non deixou de tentalo o equipo pontevedrés, que apoiado en dúas triplas consecutivos de Nena Trajchevska lograba baixar a barreira ata os cinco puntos a falta de pouco máis de tres minutos para a conclusión (59-64).

Con todo, o tempo morto solicitado polo técnico rival sumado ao acerto de Alonso e Aldecoa fronte ao aro permitiu ao Bosonit abrir unha nova brecha. Marita Janeiro parou o partido, pero o cronómetro corría en contra dos intereses do Arxil, que por máis que tratou de frealo, non puido facer nada para evitar a derrota (61-72).

O conxunto pontevedrés disputará este sábado ás 18:15 horas o último partido da fase de grupos contra o HGB Ausarta Barakaldo.

Consulta nesta ligazón as estatísticas do partido