Chegou a Pontevedra coa intención de recuperar o seu mellor nivel tras unha grave lesión, pero a pesar de xa non arrastrar esa doenza Derik Osede non terminou de convencer ao corpo técnico e á directiva, descartándose a súa fichaxe.
A incorporación de Luís Martínez deixoulle sen ficha na entidade granate, e sen tempo para atopar acomodo noutro club nas últimas horas do mercado.
Dous meses e medios despois daquilo, o central de 29 anos é un máis no día a día do Pontevedra, con quen se exercita habitualmente para non perder a forma á espera de que xurda algunha opción de reengancharse ao fútbol profesional.
Derik adestra como uno máis ás ordes de Antonio Fernández, anima aos seus compañeiros e fai grupo, aspecto moi valorado no club granate.
Cabe lembrar que o defensor aterrou en Pontevedra no verán tras pasar un ano en branco no Alcoyano, entidade á que chegou desde o Deportivo, onde na tempada 20-21 sufriu unha grave lesión coa rotura do tendón de aquiles. Agora busca unha nova oportunidade, que vista a súa intensidade nas sesións dos da Boa Vila seguro chegará no próximo mercado invernal.