O pavillón marinense da Raña será escenario das finais, tanto masculina como feminina, da Copa Galicia de fútbol sala.
Así o confirmou este xoves a Real Federación Galega de Fútbol tras publicar o resultado do sorteo de competición. Segundo o organismo reitor do fútbol autonómico, esas finais terán lugar o 17 de maio de 2022.
A Copa Galicia en todo caso dará comezo xa o 4 e 5 de setembro coas primeiras eliminatorias de ambos os dous cadros, destacando o encontro entre o Marín Futsal e o Cidade de Pontevedra na fase previa feminina.
O vencedor deste encontro enfrontarase despois nos cuartos de final ao Poio Pescamar.
En total participarán no torneo 12 equipos femininos e outros 33 masculinos.