Edición especial da Tripla Coroa Illas Atlánticas de natación en augas abertas con motivo do seu décimo anivesario.
Para celebrar a efeméride a organización do evento decidiu organizar unha travesía a nado igual á que iniciou a Tripla Coroa no seu día, entre a illa de Ons e Sanxenxo.
Unha proba con 13 quilómetros de distancia que se disputará o sábado 6 de setembro cun límite de 120 participantes.
A proba de natación, organizada por Atlantic Extreme Sports xunto ao Concello de Sanxenxo, sairá desde a praia de Area dos Cans na Illa de Ons até chegar á praia de Silgar, en Sanxenxo.
Este mesmo venres 4 de abril está prevista a apertura de inscricións para os nadadores que completaron dous e tres edicións da Tripla Coroa Illas Atlánticas entre 2015 e 2024.
A partir do 9 de abril será a quenda para os nadadores que completaron unha edición e o último prazo comezará o 16 de abril para o resto de deportistas até completar as 120 prazas dispoñibles.
Como novidade, este ano organizaranse dúas probas infantís gratuítas de 50 e 150 metros na praia de Silgar, o mesmo día 6 de setembro.
A proba de 50 metros está dirixida a nenos de entre 5 e 8 anos e a de 150 nenos a nenos entre 9 e 13 anos.
As inscricións en todos os casos poderán formalizarse a través do portal www.championchipnorte.com.