Décima edición da Milla Solidaria Anedia e récord de España en xavelina adaptada

Pontevedra
12 de novembro 2023

Cunha marca de 29 metros 50 centímetros, Gustavo Dacal bateu o récord de España adaptado no mesmo lugar no que vinte anos atrás alcanzou o récord de España en categoría absoluta, superando a anterior marca que estaba en 28 metros 49 centímetros  

X Milla Solidaria - Móvete pola Diabetes
X Milla Solidaria - Móvete pola Diabetes / Cristina Saiz

As pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acolleron este sábado a décima edición da Milla Solidaria organizada por Anedia, a Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes, para conmemorar o día mundial da diabetes. 

A xa habitual cita, incluída no calendario do deporte galego, contou este ano con 500 participantes entre os que estivo o deportista galego Gustavo Dacal, que de forma paralela á carreira realizou o seu primeiro lanzamento oficial de xavelina adaptada.

Cunha marca de 29 metros 50 centímetros, o paratleta de Ponte Caldelas bateu o récord de España adaptado no mesmo lugar no que vinte anos atrás alcanzou o récord de España en categoría absoluta, superando a anterior marca que estaba en 28 metros 49 centímetros.

OUTRAS ACTIVIDADES

Como novidade este ano, a organización preparou unha intervención única en escaparates de establecementos comerciais en toda Galicia en prol da inclusividade, coa que buscan visualizar a xestión e presenza no día a día con diabetes a través da representación en maniquís de elementos como sensores e inxectoras de insulina.

No caso de Pontevedra, o establecemento elexido é Mission Surf Shop na rúa Peregrina numero 48, onde visibilizarase unha actividade de surf realizada con Mission Surf School o pasado mes de agosto, na que participaron máis de 50 rapaces e rapazas con diabetes tipo 1. Ademáis colocarase no escaparate un xigante aro azul que chamará a atención de todas e todos cidadáns que pasen pola rúa, facendo eco do emblema mundial da diabetes.

Nesta iniciativa participará tamén a xoguetería Juguettos, que fai unha colaboración especial cedendo un can de xoguete para representar a esos animais que teñen unha labor tan importante en detectar as subidas e baixadas de glicosa, e representaría a Sweet (caramelo) que é un can dunha socia da nosa asociación que detecta as variación nos niveis de glicosa da súa dona prevéndoa de posibles compliacións derivadas da súa diabetes.

Este ano, o lema escollido para a campaña foi 'Que a diabetes non te pare', dando importancia a visibilización e a destacar a importancia de entender e abordar a diabetes tipo 1 e outros tipos de diabetes.