Debut no Top-10 para Támara Echegoyen e Berta Betanzos

Cerdedo-Cotobade
13 de agosto 2016

A regatista pontevedresa e a súa compañeira no 49er Fx son oitavas tras a primeira xornada de competición na Baía de Guanabara. Por diante, tres xornadas máis de clasificación para interntar meterse na Medal Race

Támara Echegoyen e Berta Betanzos durante a primeira xornada dos Xogos Olímpicos
Támara Echegoyen e Berta Betanzos durante a primeira xornada dos Xogos Olímpicos

Esperado debut de Támara Echegoyen e Berta Betanzos nos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro, na clase 49er FX de vela.

A regatista pontevedresa e a súa compañeira de embarcación iniciaron a competición consolidándose desde o inicio no Top-10 da clasificación provisional.

Despois das dúas primeiras mangas, Echegoyen e Betanzos son oitavas na xeral provisional, con 17 puntos polos 9 das líderes, as canadenses Erin Rafuse e Dannie Kunze. Segundas e terceiras con 10 puntos son as brasileiras Martine Grael e Kahena Kunze e as francesas Sarah Steyaerty Aude Compan.

O equipo español estreouse cun cuarto posto na primeira regata, mentres foron décimo terceiras na segunda.

Por diante, outras tres xornadas de clasificación para tentar meterse na definitiva Medal Race.