Darío Costas apunta á internacionalidade

Pontevedra
03 de febreiro 2016

O atleta da Gimnástica converteuse a pasada fin de semana no segundo deportista galego da historia que excede a barreira dos 5.000 puntos no Héptatlon

Darío Costas, xunto o seu adestrador Santi Ferrer en Valladolid
Darío Costas, xunto o seu adestrador Santi Ferrer en Valladolid / Sociedad Gimnástica de Pontevedra

O próximo 20 de febreiro Salamanca acollerá un encontro atlético internacional de probas combinadas, con atletas de España, Francia e Reino Unido, e alí espera estar un dos deportista da Sociedad Gimnástica.

Darío Costas, actual campión de España junior da especialidade ao aire libre, deu motivos ao seleccionador nacional coa súa actuación en Valencia.

Paralelamente á Copa do Rei, celebrouse o campionato valenciano júnior de probas combinadas, sendo Darío Costas autorizado a competir pola federación desa comunidade.

En Valencia o atleta da Gimnástica realizou un gran papel no Héptatlon, converténdose no segundo galego na historia que supera os 5.000 puntos finalizando a competición con 5.068 puntos.

TRIUNFO NO AUTONÓMICO DE CROS CURTO

O equipo masculino da Gimnástica impúxose un ano máis no Campionato Galego de Cros Curto celebrado na lucense de Friol. É o undécimo triunfo das 15 edicións celebradas ata a data.

Os catro atletas do club pontevedrés que puntuaron entraron en meta entre os dez primeiros: Antonio Serrat foi terceiro, Iván Docampo acabou quinto, Rubén Diz terminou sétimo e Akka Essaadaoui undécimo, pero o décimo clasificado non computaba.

Pola súa banda o equipo feminino concluíu nunha notable terceira posición, grazas á actuación de Joselyn Brea (terceira), Rocío Martínez (oitava), María Ortega (décimo terceira) e Paula Santos (décimo sétima).