A pontevedresa Daniela Suárez finalizou o mundial infantil de natación artística colgándose dúas medallas, unha de prata e unha de bronce, coa Selección Española.
Durante os dous primeiros días de celebración do Campionato do Mundo (30 e 31 de agosto) desenvolvéronse as probas preliminares das distintas rutinas a presentar por parte dos 30 países representados, nas cales pasarían os 12 mellores equipos de cada rutina. Entre eles estaba o combinado nacional, que pasou sen problemas o corte logrando a primeira posición.
Pero as alegrías chegaron nas finais por equipo, onde a nadadora do Galaico Sincro fíxose coa medalla de bronce na rutina combinada e a de prata na final de equipo libre.
Ademais, na final de figuras a moza pontevedresa alcanzou o posto sete do mundo e a primeira das nadadoras do equipo español.