Daniela Suárez cólgase o bronce no mundial infantil de natación artística

Pontevedra
02 de setembro 2023

A nadadora do Galaico Sincro logrou este sábado a medalla de bronce xunto á Selección Española na rutina combinada do Campionato do Mundo Infantil que se está celebrando en Atenas  

 Daniela Suárez, nadadora do Galaico Sincro
Daniela Suárez, nadadora do Galaico Sincro / Club Galaico Sincro

Daniela Suárez logrou unha nova medalla mundialista para a natación artística pontevedresa.

A nadadora do Galaico Sincro logrou este sábado a medalla de bronce xunto á Selección Española na rutina combinada do Campionato do Mundo Infantil que se está celebrando en Atenas.

A moza deportista xa brillou o pasado mes de agosto cun ouro e unha prata no mundial que se disputou na localidade estadounidense de Charlotte e suma así un novo metal á súa curta carreira.