Daniela Suárez, a por todas no Mundial de natación artística infantil en Estados Unidos

Pontevedra
07 de agosto 2022

A expedición española de natación artística infantil, coa pontevedresa Daniela Suárez entre as súas filas, xa está preparada para viaxar a Estados Unidos para competir no Mundial

Daniela Suárez (primeira pola dereita) co equipo nacional infantil de natación artística
Daniela Suárez (primeira pola dereita) co equipo nacional infantil de natación artística

A expedición española de natación artística infantil, coa pontevedresa Daniela Suárez entre as súas filas, xa está preparada para viaxar a Estados Unidos para competir no Mundial.

Tras unha intensa semana de preparación previa no Centro de Alto Rendemento de Barcelona onde conviviron coas seleccións júnior e absoluta, chegou o momento decisivo para a nadadora do Galaico Sincro e das súas compañeiras.

Será este luns 8 de agosto cando de comezo a concentración en Charlotte para disputar o campionato do Mundo que se celebrará ata o día 14 e no que Daniela será a representante da natación artística galega xunto á directora técnica no CGTD de Pontevedra Sandra Montes.

A delegación española complétana Ariadna Benito, do Real Canoe; as nadadoras do CN Granollers, Erica Bosch, Carla Lorenzo, Aitana Navarro e Saioa Nogueiras; do CN Sabadell irán Xènia de la Puente, Anna Muñoz e Eneko Sánchez; do AD Sincro Retiro, Rocío Cale e Mariña Sarmiento; e, finalmente, Isabel Shuang do CN Mataró.