RAUL SALGADO | WWW.FERROL360.es
O Racing de Ferrol prepara a súa visita do próximo domingo (17:00 horas) ao Estadio Municipal de Pasarón, e faio sen saber se poderá contar cun dos futbolistas que fichou esta campaña para achegar un salto de calidade á súa liña ofensiva, o mallorquino Dani Benítez.
É a principal dúbida coa que conta o técnico do cadro ferrolán, Míchel Alonso, e é que o extremo segue arrastrando problemas musculares, os mesmos que xa lle deixaron fóra da convocatoria nos últimos encontros de liga.
Dani Benítez, que xogou no Pontevedra na tempada 2007/2008 (co nome futbolístico de Dani González), iniciou xunto ao resto dos seus compañeiros o adestramento do Racing deste xoves, programado no campo principal do complexo da Malata, pero terminou retirándose ao interior do estadio.
O corpo técnico esperará ás próximas horas para ver a súa evolución, pero asume que o seu concurso se presume difícil de novo.
A baixa que si está confirmada no Ferrol é a de Nano Maceda, que padece unha rotura fibrilar e únese á listaxe de lesionados que xa engrosaban Aitor Pascual e Ian Mackay.